Castellano







class-header-css3
class-header-css3
class-header-css3
class-header-css3


O noso pan

Empregar as mellores fariñas, xunto co cariño e a dedicación que poñemos en todas e cada unha das nosas elaboracións, logran un pan de calidade en calquera das súas múltiples variedades (trigo, trigo do país, centeo, integral e de millo).

Ademáis disto, empregamos un proceso artesán no que respectamos os tempos de fermentación necesarios e cocemos as pezas en forno de leña con soleira refractaria, o que lle confire un toque final de distinción

Doces artesáns

Dende fai una década, apostamos por rescatar receitas da repostería tradicional da comarca que, dende tempo inmemorial, culminaban os menús de festas e banquetes. Os nosos doces son de elaboración totalmente artesá, na que prescindimos de calquera conservante ou colorante co que conseguimos uns produtos que fan recordar os doutros tempos.

Outro punto no que queremos facer fincapé é no proceso de envasado dos productos, que supón un grande avance na conservación e no transporte dos mesmos.

Da comarca

Tamén acollemos dentro dos nosos productos, elementos típicos da gastronomía da nosa comarca, como poden ser diferentes tipos de queixos e as mellores meles da zona, sempre cos mismos estándares de calidade que aplicamos os nosos mellores productos: 100% naturais