Castellano







Breve historia da panadería Herbella

Esta empresa nace a principios do seculo pasado no barrio de "A Tapia" na Pobra do Brollón (Lugo) da man de Diutina Hiebra e o seu marido Manuel Herbella que escomenzaron con un pequeno forno de pedra co que abastecía a población da vila.

Logo de unhos anos, cedeo como dote de boda ao seu fillo Evaristo Herbella que xunto coa sua muller Marina Herbella, trasladaron a insdustria para montar no ano 1956 un forno máis grande, feito en ladrillo refractario para medrar e abrir o seu mercado.

Prodúcese un cambio de xeración no ano 1980, pasando a máns da filla Teresa Herbella, que co seu marido José Valcárcel, toman as rendas do negocio, emprendendo novas reformas, coma o traslado no ano 1984 a un novo baixo anexo para instalar un forno máis moderno, ampliación do local os 250m2, instalación dun novo forno de leña...

Despois de catro xeracións, no ano 2007, José e Manuel Valcárcel Herbella collen o timón da empresa, apostando firmemente polo desenrolo dentro do medio rural. No ano 2010 tivo lugar a derradeira ampliación ata o momento, que consistiu nunha sala para o empaquetado dos doces, pioneira na zona, para gañar en calidade de conservación, transporte e presentación.